Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Pontevedra
Parroquia: A Canicouva (Santo Estevo)
Lugar: A Canicouva
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Canastro senlleiro hoxe desaparecido do que só se conserva unha ‘mesa’.Este hórreo pertence a unha tipoloxía que só se dá no lugar da Canicouva e caraterizábase por ter un colosal tornarratos central en torno aos 2 metros de diámetro, máis outros máis pequenos de tamaño normal, e dicir, ao que estamos acostumados a ver noutros hórreos.
Este en concreto, contaba, nun extremo, cun tornarratos colosal de forma rectangular, estando as beiras menores redondeadas, cunhas dimensións de 1,9 m de lonxitude máxima e 1,6 de ancho. Sendo o grosor duns 15 cm. O pé, está formado por rochas irregulares. Este esteo ía nun extremo mentres no outro ían dous pés cos seus tornarratos correspondentes de gran grosor. Os pés eran cilíndricos e de gran perímetro, preto dos 90 cm. Aínda se conservan espallados pola contorna.
Este pés elevaban a cámara a unha altura bastante baixa: 1,10 m. Por debuxos de Manuel Boullosa Bóveda sabemos que era unha cámara de madeira con doelas de madeira horizontais separadas lixeiramente entre elas. O teitume era de carpintería de madeira con tella artesá.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Só se conserva unha das dúas mesas que tiña orixinalmente.
Onde está localizado
Latitude: 42.3749182539Lonxitude: -8.61200988293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84