
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: A Meán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro sobre plataforma cadrada dun chanzo. Baseamento cúbico de arestas rebaixadas. Na faceta esquerda amosa dous furados e a faceta dereita ten unha superficie irregular.
O varal é oitavado sendo na súa base de sección cadrada. Na súa altura media amosa dous santiños, costa contra costa, nunha mesma peaña. Un deles viste túnica e capa, calza botas e porta un libro na súa man esquerda. O outro porta unha vara e semella que hai outra que vai dende a súa man dereita deica o seu pé esquerdo. Viste túnica e porta ase mesmo un libro na súa man esquerda. Ámbolos dous levan barba.
No varal podemos ver atada a rama dunha arbore polo que deducimos algún tipo de devoción.
O capitelo é composto con pequenas follas de acanto, volutas angulares e querubíns na parte entre as volutas, non sendo no anverso no que vemos a caveira sobre as tibias.
Remata cunha cruz latina de brazos oitavados con remates en sección cadrada. No anverso, vemos a Cristo crucificado baixo cartela de INRI con San Francisco na súa beira dereita recollendo nun cálice o sangue que mana da ferida do costado. No reverso vemos a Virxe nunha dobre advocación de Virxe do Carme e Gloriosa sendo coroada por dous anxos. Érguese sobre unha peaña formada polas cabezas de tres querubíns.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.469443206Lonxitude: -8.63562941551
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




