
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oímbra
Parroquia: Oímbra (Santa María)
Lugar: Oímbra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVI cunha capela lateral, encargada polos condes de Monterrei. A parede norte conserva intactos uns cantos canzorros románicos moi interesantes, e as escadas que hai a carón da entrada, pois a igrexa está na ladeira moi empinada dun castro, son de gran interés artístico. Ten unha nave rectangular con presbiterio máis alto e ancho que a nave. A cuberta é de tella cerámica a dúas augas, catro no presbiterio, e tres na capela lateral (capela dos condes) do muro sur, posterior á propia construción. A capela ten nas esquinas pilastras a modo de contrafortes rematadas en esbeltos pináculos, igual que as catro esquinas do presbiterio. A fachada ten unha porta que foi de arco apuntado, pero engadiúselle unha lumieira e agora está alintelada. Ten a media altura un lucernario rectangular e remata nunha espadana de dous ocos coroada cunha cruz de pedra e dous pináculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8868715166Lonxitude: -7.47245192527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 27, 2025
O interior desta igrexa alberga estes dous escudos:
https://patrimoniogalego.net/index.php/119587/2025/03/capela-igrexa-parroquial-1/
https://patrimoniogalego.net/index.php/119590/2025/03/capela-igrexa-parroquial-2/