Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Rairiz de Veiga
Parroquia: Congostro (Santa Mariña)
Lugar: Congostro
Outra denominación do ben: O Castelo
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:

Asentamento situado na cima do monte chamado “Do Castelo” ou “Muralla Grande” a 908 metros de altitude e no que se atoparon restos de cerámica castrexa e medieval, así como tella de tipo arábiga. A superficie total abranguería 3500 metros cadrados. Foi utilizado como canteira para a extracción de pedra, o que fixo que hoxe non se poda apreciar a súa configuración defensiva e outros elementos característicos como as terrazas e recintos habitacionais. No cumio do outeiro construiríase na época medieval un castelo, o Castelo do Celme, aínda que segundo os autores do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do 2007 (Xunta de Galicia) non se atoparían evidencias claras. Na ficha do catálogo do pxom do 2009 do concello de Rairiz de Veiga podemos ler que no seu cume obsérvase un muro medieval duns 80 cm. feito de argamasa de barro e cachote que foi posto ao descuberto nunha cata de sondaxe. Dende este punto hai unha panorámica privilexiada sobre a Baixa e Alta Limia. Ao seu lado hai un outeiro que se denomina a Muralla Pequena e que acada os 896 m.
No traballo do catálogo da Alta Limia podemos ler : “Do “Castelo” coñecido como Castelo de Celme, atópase bastante información escrita. Tratábase dunha fortaleza defensiva, datada entre os séculos XI e XII, feita co fin de evitar unha posible invasión  de Afonso Henriques, Rey de Portugal. Formaba conxunto con outras castelos como o de Pena, Porqueira ou O Castro.Documentase un asalto, feito a esta fortaleza polo Duque de Lancaster no século XIV. Despois de ser derrubada polos Hirmandiños, foi reconstruída por D. Alvaro de Oca en 1529. As últimas novas das que temos constancia, datan do século XVIII, nos escritos de Gonzalo de Ulloa, onde se sinala a súa pertencia a  Casa de Monterrey. Xa só se conservaba a torre que acabou por desaparecer”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 32067011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– BARROSO IGLESIAS, M.; CALVO CARBALLO, M. A.; Et alli, “As torres do Val do Limia”. Anexo das VIII Xornadas de Historia de Galicia. Ourense 1995, pp.58-59.
– CID RUMBAO, “Castillos de la provincia de Orense. La Región, Número extraordinario, 1960
– GONZÁLEZ DE ULLOA, “Descripción de los estado de la Casa de Monterrey en Galicia, 1777”. Cuadernos de Estudios Gallegos, 1950.0
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RAIRIZDEVEIGA/documents/27187ca028.PDF
Web do Catálogo Alta Limia
http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=040075


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0356677791
Lonxitude: -7.88820505142
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84