
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cualedro / Verín (comarca)
Parroquia: San Millao (Santa María)
Lugar: San Millao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está nunha ladeira dun monte a unha altitude de 697 metros. Ten planta cuadrangular e amosa tres recintos con murallas ciclópeas e aparello poligonal que están moi ben conservadas para o que soe ser habitual nestes asentamentos. Amosa cubos de torres e sistema defensivos de pedras fincadas. O maior dos recintos é a croa. Conserva un foxo escavado na rocha de 8 metros de fondo e 6 de ancho. Ten unha medidas de 246 metros no seu eixo leste-oeste e 126 no norte-sur. Polas bandas sur e oeste ten unhas pendentes moi pronunciadas cara o río dos Pichos, afluente do Búbal. Segundo estudos realizados sobre o castro, este sería reocupado en época tardorromana, séculos III e IV . Entre os materiais aparecidos nel (cerámicas, bronces..) destacaría unha falera ou condecoración militar.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32028026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA036.pdf
webs
http://www.antropoloxiagalega.org/index.php/traballo-de-campo/viaxes-de-investigacion/explorando-as-grandes-cidades-da-gallaecia/o-castro-de-san-millan/item/264-o-castro-de-san-millan-a-sacsayhuman-galaica
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9040337854Lonxitude: -7.60468482971
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
elixiovieites says:
Xan 6, 2015
Un traballo na Revista da Sociedade Antropolóxicca Galega: SAGA. Autor do Artigo Rafael Quintía
http://www.antropoloxiagalega.org/index.php/traballo-de-campo/viaxes-de-investigacion/explorando-as-grandes-cidades-da-gallaecia/o-castro-de-san-millan/item/264-o-castro-de-san-millan-a-sacsayhuman-galaica
elixiovieites says:
Mar 2, 2015
Os Bens Arqueolóxicos no pxom do Concello de Cualedro, ano 2010 http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA010.pdf
Oscar Franco says:
Xul 31, 2021
A prensa dixital do 30 de xullo de 2021 anuncia os traballos de escavación que se están a levar a cabo neste castro:
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=32791&fbclid=lwAR3cFnvhGFkY4S0yomORT4FJaHeU62Mg1lGsr-PB_hj2KadUp9j3WTQdlRE