Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de planta cadrada e muros, de perpiaño traballados polo miúdo, rematados nunha cornixa prominente e moldurada. A cuberta e a catro augas en carpintería de madeira e tella do país. A porta de acceso está formado por un arco de medio punto en cuxa clave prominente podemos ver labrado un corazón. No remate da fachada podemos ver a cruz que orixinalmente remataría un cruceiro. É unha cruz lisa de brazos de sección rectangular. No anverso vemos labrado en relevo un Cristo de talla popular sen proporcionalidade e con brazos ríxidos que se estenden ao longo dos brazos da cruz. No reverso vemos, aínda que parcialmente, a imaxe dunha Virxe con coroa mais non podemos ver os atributos que definirían a súa advocación.

No interior da capela podemos ver, a través dun oco na porta de madeira unha Virxe labrada e pedra e unha mesa de pedra acaroada ao muro do fondo. Na parede da esquerda hai un oco que da ao xardín interior do pazo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4339188937
Lonxitude: -8.85667026043
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84