Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Pereiro de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro está asentado nunha laxe a carón dun muro. Presenta unha plataforma formada por un único perpiaño sobre o que se ergue un baseamento minúsculo. O varal é oitavado con retablo na súa base no que se amosan os instrumentos da paixón. No anverso vemos a coroa de espiñas, tres cravos e un xarro; pola beira esquerda, lanza e hisopo en paralelo e debaixo un látego; polo reverso, tenaces, martelo e un corazón con tres cravos; e a beira dereita que carece de figuración.
Na parte alta do varal vemos un santiño vestido con hábito, e porta na súa man dereita un báculo e un libro na súa man esquerda. O capitel é composto con múltiples follas de acanto e minúsculas volutas angulares entre as que atopamos as cabezas de querubíns excepto na beira dereita na que podemos ver unha caveira sobre tibias.
Na cruz vemos no anverso a Cristo crucificado cos brazos en paralelo a cruz, pola súa beira dereita un anxo de corpo enteiro. No reverso, a Virxe María érguese sobre a cabeza dun querubín e mostra o meniño Xesús nos seus brazos.
Sabemos que a cruz foi arranxada e desprazada do seu lugar orixinal en 1985.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 119-121.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.441756711
Lonxitude: -8.70208516717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84