Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Cuspedriños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro cunha plataforma irregular e dun só chanzo. Os seus perpiaños irregulares están mal tomados. O baseamento é un paralelepípedo irregular sobre o que se ergue o varal oitavado, de sección cadrada na súa base e no remate.

Non ten capitelo polo que a cruz asentase directamente no varal.

Os brazos da cruz están rematados nunha flor de lis e o remate do pau está rebaixado formando unha especie de baldaquino no anverso. Pola mesma cara do anverso, podemos ver unha cabeza de talla rudimentaria aos pes da cruz e unha forma ovalado (que non fun quen de interpretar) no centro da cruz. Polo reverso, non hai imaxes e as arestas da cruz están tubuladas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Patiño, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do Concello de Cotobade” Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1998. Páx. 159.

“N.S.P. 25/02/1997. Concello de Cotobade, Petos de Ánimas e Cruceiros”. BOP: 1997-03-12; DOG: 1997-03-20. nº18. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4955676767
Lonxitude: -8.51784825325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84