
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Os Remedios
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fundada como padroado laico por o xuíz, rexedor e procurador xeral da cidade Don Francisco Méndez(1459-1550 de quen se conserva o sepulcro de mármore no interior da mesma) en 1522 na beira esquerda do río, zona que servía para protexer aos viaxeiros dos ladróns que axexaban aquel lugar. Tamén serviu de cita para saldar contas recibindo o nome de Campo do Desafío, sendo este o motivo que levou ó fundador a construír a capela.
Ao longo do muro destacan os ocos góticos e en 1584 o fillo do fundador, Alfonso Méndez decidiu agrandala e engadiríaselle unha portada de medio punto. Declarada Monumento Nacional en 1961.
Esta última reconstrución que afectou principalmente á fachada realizouna o canteiro Gregorio Fatón, natural de Barbadás, que era un dos mellores canteiros de Ourense.
Esta pequena capela encontrase no extrarradio do casco histórico, ós pes da Ponte Romana. Está rodeada de un campo chamado en tempos “Soto del Rey” e previamente como “Campo de la Verdá” onde antigamente se celebraban corridas de toros, circos ambulantes, aquí estivo a primeira central eléctrica da cidade e foi nun tempo recinto feiral, pero na actualidade, ademais de unha zona axardinada con áreas de descanso, atópase o Palacio dos Deportes (o Pavillón), cás piscinas municipais e campo de fútbol.
As paredes laterais da capela están feitas de cachotes de forma irregular, mentres que a fachada principal e maila ábsida están feitas con perpiaños ben traballados.
Isto lévanos a pensar que a reconstrución feita no ano 1584 polo canteiro Gregorio Fatón recaeu sobre estas dúas partes.
Tamén chamou a nosa atención o feito de que para entrar na capela, tanto pola porta principal como pola porta este, teñamos que baixar dous chanzos, aproximadamente medio metro, o que parece indicar que, unha vez feita a capela fíxose un recheo de terra no exterior. Parece confirmar este suposto o feito de que na parede oeste tamén hai unha porta pechada con pedras e cuberta ata a súa metade polo recheo.
A fachada ten poucos adornos. No centro da mesma destaca a porta principal que conxuga arquitectura de lintel cun arco de medio punto, construción típica do Renacemento, que nos trae a lembranza dun arco de triunfo romano.
O arco de medio punto descansa sobre dous capiteis corintios e baixo o lintel da porta figura a seguinte inscrición:
ESTA-HERMITA-FUNDO-FRANco-MENDEZ-ASUCOSTA-AÑO-DE-1522
YREDIFICOLA-DENUEBO-SUHIJO-ALONSO-MENDEZ-MONTOTO-AÑO-1584
A capela de planta rectangular e cuberta a dúas augas, ten na súa fachada principal unha portada formada por un arco de medio punto, con unha ventá a cada lado, dende pode verse (a través do enreixado) o interior da capela, de unha nave central e dúas laterais, separadas por columnas. Presidida pola imaxe da Virxe dos Remedios, na súa honra celebrase unha concorrida romaría popular o 8 de Setembro. A Virxe policromada tamén pode verse na fornela que está situada sobre a porta de acceso, flanqueada polos escudos da familia fundadora e outras dúas ventás.
Sobre a porta podemos ver on oco circular a modo de sinxelo óculo que ten inscrita unha cruz pola que penetra a luz no santuario, nos laterais cruces de pedra sobre bolas, e na cima pequena espadana de un só oco con campá no seu interior e outra adosada no exterior. No remate cruz de pedra.
Dende o incendio que sufriu o 28 de xullo del 2010 permaneceu en estado ruinoso ata mediados do 2014 en que foi rehabilitada despois de que os herdeiros fixeran publica a decisión de renunciar os seus dereitos e fose cedida ó Bispado de Ourense. Abriuse de novo o culto e día 29 de agosto do 2014 véspera de comezar a novena a Virxe dos Remedios.
No incendio perdéronse obras de importancia como os exvotos que reproducían imaxes e textos sobre os milagres que realizou a Virxe nos séculos pasados.
Entre as máis interesantes, había tres táboas que contaban con unha parte pintada e outra narrativa sobre o milagre que reproducían, tratábase de obras anónimas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://farm6.staticflickr.com/5092/5398507314_262fd2f5bb.jpg
http://farm6.static.flickr.com/5020/5397907133_daf26e76ac.jpg
http://farm6.static.flickr.com/5119/5905306001_3d06e24cc9_z.jpg
http://www.ourensedixital.com/_novas/13/01/08_02.htm
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2012/09/8-de-septiembre-de-la-romeria-de-os.html
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2012/07/os-remedios-francisco-mendez-esteban.html
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/08/08/exvotos-calcinados-remedios/462307.html
http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/ourense/institucions-ourensans-asinan-convenio-rehabilitar-capela-dos-remedios-declarada-bic_2013111800751.html
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/07/30/capilla-remedios-creo-evitar-luchas-muerte-lugar/460195.html
Paulino Izquierdo Gutiérrez: A capela de Nosa Señora dos Remedios. Relixioxidade popular. Os Exvotos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.343742Lonxitude: -7.869062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84