
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Mougás (Santa Uxía)
Lugar: Monte Cubelas
Outra denominación do ben: Cano dos Mouros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O seu sistema defensivo consta dunha muralla con perpiaños, pedras lenticulares ou planas, superficialmente traballadas e asentadas a man, duns 170 metros de lonxitude, cunha altura duns 6 a 10 m. no seu estado actual, que pecha o castro polo NORDÉS, e é posible que posuíse un foxo nesa zona, pero a estrada que sobe de Mougás á Grova debeu facelo desaparecer. Polo noroeste continua a muralla de aí que sexa tan longa e intúese a prolongación dun pequeno foxo, desdobrándose ao formar unha pequena terraza secundaria. Polo sur a defensa vén dada pola pronunciada vertente montañosa. A súa superficie chea de vexetación impide apreciar as estruturas e tampouco se aprecian restos de cerámica que permitan polo menos constatar algunha etapa histórica no seu uso, xa que podería abranguer dende o Bronce ata a Idade Media. Aínda que hai referencias verbais da aparición de pequenos anacos de cerámica castreña.
de http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2013/05/capitulo-iii-de-iv.html
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36036008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición oral conserva unhas historias relacionadas cos “mouros” do castro, parece ser que dende a súa coroa, sentado nunha rocha que chaman a cadeira do rei, sentábase un rei destes lugares para contemplar como se poñía o sol todos os atardeceres, a “cadeira” en cuestión é unha rocha da coroa do castro, que os labores de cantería romperon dándolle unha forma parecida a un trono.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2013/05/capitulo-iii-de-iv.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0442095532Lonxitude: -8.86923909187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
elixiovieites says:
Feb 7, 2015
O catálogo de Bens Arqueolóxicos do concello de Oia do ano 1996
ten recollido este asentamento co código GA36036008 (Cano dos Mouros)
e co símbolo (na lenda do plano) de castro. Está na parroquia
de Mougás, a 284 m. de altitude, ao que pertence
está localización, pero ao lado, no mapa, ten outro código
GA36036001 nome Coto dos Mouros, case coas mesmas coordenadas e co
símbolo de petróglifo.
Catálogo: pax. 1: Coto dos Mouros, pax 3: Cano dos Mouros,
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856CA001.PDF
Plano de Situación cos dous códigos do Catálogo da Xunta
na mesma situación
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856PI015.JPG
elixiovieites says:
Feb 19, 2015
Achado dun machado de bronce na Cabeciña (Febreiro 2015). Podedes ver a noticia e todo o proxecto que se está a desenvolver nesta web: http://proxectomougas.net/
“…O proxecto ten un carácter integral, incluíndo novas formas de explotación sustentable do monte como o resinado de piñeiro ou a substitución de eucalipto por frondosa autóctona e oliveira. Ademais da corrección do impacto paisaxístico e ecolóxico, este tipo de explotación forestal traerá unha serie de consecuencias positivas:
Económicas: a través da venda da resina, a oliva e a castaña.
Sociais: mediante a creación de postos de traballo”.
Forestais: A frondosa autóctona creará unha barreira natural para o lume
Gustavo says:
Mar 8, 2015
Buenas, una aclaración necesaria al respecto de la información vertida en esta ficha. Las fotos así como el texto han sido extraídos de un trabajo sobre el poblamiento antiguo de la costa de Santa Maria de Oía, Pontevedra, realizado por Gustavo Pascual Hermida para su blog: Más que petroglifos, publicado en mayo de 2013. En el artículo se analiza la distribución de los castros de altura y valle litoral en el tramo de 8 km. Entre Mougas y Oia. La información allí vertida es de uso público con licencia de derechos de autor “creative comons”, por lo que es necesario señalar la fuente y autor de donde se ha extraído la información, para que así consté en patrimonio galego, o cualquier otro medio. A dios lo que es de dios y al cesar lo que es del cesar. Saludos de Gustavo Pascual hermida, autor de Masquepetroglifos.