
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Baíñas
Lugar: Padreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro do Altiño érguese no pequeno outeiro de Padreiro que rodea a estrada que vai de Caxadas-Vimianzo a Baíñas. A máis de 300 metros, a súa croa ovalada está defendida por tres murallas que a rodean pola súa parte norte e oeste.
Non se trata dun monte especialmente alto (xa o di o nome, o “Altiño”), nin hai grandes pendentes. Pero de todos xeitos desde a croa contrólanse os terreos circundantes, pois nos arredores tampouco hai grandes elevacións.
É imposible visitalo e apreciar claramente as murallas porque está completamento cheo de vexetación, tanto con maleza de toxos e silvas como coa plantación de piñeiros.
Non houbo ningunha escavación nin achádegos arqueolóxicos neste castro. Está catalogado nas N.S.P. de Vimianzo con protección integral.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.049164770529465Lonxitude: -9.041533470153809
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
MANUEL RIAL says:
Out 13, 2011
A foto principal está tomada dende a croa do castro e percíbese a muralla no lado dereito.
A segunda foto é das murallas do castro, visto dende o camiño que o bordea
Fran says:
Dec 21, 2017
Hola manuel, son de padreiro veciño dese castro altiño, e sobriño do propietario, gustariame poñerme en contacto con usted, eu creo que vos confundides de zona, pero o mellor engañome, eu creo que ese castro esta noitra finca case o lado tamen propiedad dun familiar meu, gustame estes temas por eso kero aportar , e neste caso eu creo que situades mal ese castro, gustariame que contactaras conmigo, gracias, un saludo