Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Coucieiro (San Pedro)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase nun outeiro, a 128 metros de altitude, que a súa vez fai un esporón na marxe dereita do río Castro. Este outeiro cae cara o río en pendentes rochosas e abruptas pola banda que vai de sueste a suroeste, pola cal o asentamento ten nestas condicións naturais unha inmellorable defensa. O recinto está cinguido por un parapeto de forma oval, cuxo eixo maior tería aproximadamente uns 157 m. de noroeste a sueste, e o eixo menor de 109 m. de nordés a suroeste. Na parte superior ten outra defensa que determina unha croa de 120 metros de NO a SL e 60 m. de NL a SO.
Accédese ao castro pola banda que dá ao leste, polo camiño que leva a unhas casas construídas no propio castro, que a día de hoxe atópanse abandonadas, moi deterioradas e metidas entre a maleza. Todo o castro está cuberto de toxos o que fai moi difícil apreciar as súas estruturas. Dende o lugar máis alto tense un bo dominio sobre o territorio e o canle do río Castro, que fai aló embaixo unhas fervenzas que son marcadas como atractivo turístico e que contan con boa sinalización, coñécense co nome de Caldeiras do Castro


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax 17 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0244393471
Lonxitude: -9.16045188904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84