Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Rubiós (San Xoán)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo aberto feito en pedra granítica con forma rectangular e con relevos en forma de espirais nos seus ángulos Presenta unha pequena fornela con arco de medio punto adobiado por uns debuxos xeométricos en forma de serra.
No interior da fornela podemos ver un retablo feito en pedra no que destaca a imaxe do Espírito Santo en forma de pomba que voa sobre tres almiñas en posición piramidal.
Xusto debaixo podemos ver o caixón para as esmolas, hoxe sen a súa porta de ferro.

Próximo ao peto podemos ver un cruceiro de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/114103/2022/04/cruceiro-de-animas-do-outeiro/).


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1091366693
Lonxitude: -8.42378184199
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84