Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Lamela (Santa María)
Lugar: Cachamuiña
Outra denominación do ben: Pazo de Cachamuiña
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Do século XVIII situado no pobo de Cachamuiña pertencente á parroquia de Sta María de Lamela, podemos acceder a este pazo a través da estrada C-536, desviándonos cara o centro da aldea.
Gran casa de forma rectangular case cadrada. Unha das súas fachadas dá a un patio pechado por un muro alto que forma o alpendre e por unha capela que tradicionalmente era cedida ao lugar de Cachamuíña para celebrar a festa popular, antes de que se construíra outra recentemente.
Pertenceu ao Coronel Bernardo Gonzalo, máis coñecido por Cachamuíña, defensor da cidade de Vigo contra as tropas francesas.
Actualmente esta casona está dividida, en varias herdanzas.

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771, e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na defensa de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.
Era fillo de Ignacio González, capitán do rexemento militar de Ourense. En 1791 foi designado subtenente das Milicias Provinciais, tralo cal incorporouse ao rexemento con base en Ferrol. As súas primeiras accións bélicas tiveron lugar no exército do Bidasoa contra os ingleses. Alí, levou a cabo varios actos heroicos, polo que foi ascendido a tenente. En 1800, xa de regreso en Ferrol, distinguiuse na batalla contra os ingleses, polo que foi ascendido a capitán.

No inicio da Guerra da Independencia participou nas batalla de Rioseco, Valmaseda e Espinosa de los Monteros, retirándose despois a León coa súa compañía de granados. Tras contactar co Marqués de la Romana, tomou o mando sobre as guerrillas da zona de Ourense. Xunto con outros granados dispersos que foi incorporando, a súa compañía levou a cabo importantes accións en Ourense e na comarca do Deza. Trala reconquista de Vigo, onde foi ferido cando derribaba a porta da Gamboa a machadazos, foi designado gobernador da vila.

En outubro de 1809 o Marqués de la Romana designouno gobernador da provincia de Tui. Alí organizou a Lexión do Ribeiro, da que foi comandante co grao de coronel.

En 1811 trasládase ó seu pobo natal e pediu a xubilación como inválido de guerra, séndolle concedida unha pensión mensual de 1.800 reais, se ben non comezou a cobrar até 17 anos despois, logo de moitas instancias de protesta.

En 1829 cobraba décimos para o bispado de Lugo, e finalmente regresou á súa aldea natal. Estaba casado con Xosefa Ballesteros Carasa, sobriña do liberal Luís López Ballesteros e da que o rei Fernando VII estaba namorado.

Trala súa morte foi enterrado no cemiterio de San Salvador, en Pereiro de Aguiar (Ourense), e en 1932 os seus restos mortais foron trasladados ao camposanto vigués de Pereiró.
Curioso o xogo de nomes, os seus restos pasaron de Pereiro a Pereiró.

Segundo historiador Gonzalo Prieto recorda, Cachamuíña foi ferido no asalto as murallas da vila, po lo que non puido estar presente na capitulación, «honor usurpado por Morillo al verdadero héroe».


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/08/09/restos-cachamuina-pereiro/672713.html
http://www.concellopereiro.com/es/patrimonio/pazos/pazoCachamuina/cachamuina.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/30/0003_8140634.htm
http://www.laregion.es/articulo/ourense/desconocida-cuna-heroe/20150111074803515424.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA002.PDF (P.6)
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2012/03/20/0003_201203V20C6995.htm
http://gl.wikipedia.org/wiki/Bernardo_Gonz%C3%A1lez_del_Valle


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33915
Lonxitude: -7.80666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84