Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Moreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro, situado enriba dunha rocha, se atopa xunta á antiga casa dun cura.
Nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas da paso a un varal de sección cadrada no principio e cilíndrica no resto.
O capitel é de tipo xónico, con volutas, follas de acanto e tres caras de anxos alados. No seu lateral esquerdo aparece un reloxo de sol.
A cruz comeza sendo de sección cadrada, agás nos brazos que son de forma leñosa.
Posúe as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe de pé cuberta cun manto sobre peaña circular.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360341104.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, E. As Neves: cruces, cruceiros e petos, Asociación Galega para a Cultura e a Ecología, 2007, pp. 140.

OUTRAS REFERENCIAS
Centro de interpretación do patrimonio local socio cultural de Taboexa


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fai pouco lle roubaron varias pedras dos chanzos.

As imaxes posúen varias partes rotas. Ao Cristo lle falta unha perna, e á Virxe ten unha man rota.


Onde está localizado

Latitude: 42.1260162875
Lonxitude: -8.43730956316
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84