
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Verín
Parroquia: Vilamaior do Val (Santiago)
Lugar: Vilamaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Gran templo do século XVI e reformado no XIX. De grande altura e unha soa nave de forma poligonal, con dúas capelas laterais e unha sancristía. A cuberta é a dúas augas na nave, e a tres no presbiterio, máis estreito e baixo que a nave. Todo sobre muros de sillería regular de moita calidade. A fachada ten unha altura e unha monumentalidade considerable para ser unha ermida desta zona: Ten dúas pilastras planas enmarcándoa, unha porta moi alta con arco de medio punto debaixo dun orixinal balcón con bóveda de cañon, debaixo dunha pequena furna da santa baixo unha vieira. O Campanario é unha torre cadrada de dous corpos e furada aos catro lados. Ten moitos elementos artísticos de épocas diferentes da actual construción, como catro gárgolas clásicas, fiestras xemeas que lembran ao gótico, marcas de cantería máis elaboradas que as medievais, dúas portas laterais; unha cun arco de estilo manuelino, de arco conopial, e outra con arco de medio punto. Unha das capelas está aberta ao exterior e a outra só ao interior. E incluso está grabado na parede sur o plano do muro que rodea ao templo. O conxunto remátase cunha vella casa reitoral, en ruínas, dous cruceiros, unha fonte arcada (orixinal das historias da virxe aparecida) e outra do século XIX.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9684170265Lonxitude: -7.41004228592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Feb 8, 2015
O Santuario dos Remedios no pxom de Verín do 2012
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca003.PDF (pax 19 do pdf)