Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Pepín (San Vicente)
Lugar: Pepín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo de finais do XVIII ou principios do XIX dunha soa nave. Amosa cuberta a dúas augas na nave e catro no presbiterio e ten cunha pequena sancristía acaroada á parede norte, todo sobre muros de sillería regular. A fachada aparece enmarcada en dúas pilastras cadradas que sobresaen da planta e rematan nuns pináculos. A porta é alintelada e ten encima unha fiestra cadrada grande, rematando nunha espadana de dobre van, goblete perforado e unha cruz de ferro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0057087146
Lonxitude: -7.4117910862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84