Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Laxe
Parroquia: Laxe (Santa María)
Lugar: Laxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

É o edificio civil de maior importancia histórica de Laxe. Atópase no centro da vila de Laxe, na esquina noroeste da praza de Ramón Juega e permite mediante os seus tres arcos apuntados sobre os que se asenta, o paso da rúa real que nos leva ao templo parroquial de Santa María da Atalaia.
É unha das escasas vivendas que nos quedan na Galiza de estilo gótico –o arco oxival así o revela- e convén lembrar que conta cuns 500 anos de antigüedade.
A planta é trapecial, case rectangular. A casa é de boa cantería de granito á vista con pezas de tamaños desiguais. Dispónse en tres alturas, cunha cuberta a catro augas con tella do pais. Antigamente o conxunto dispoñía de seis portas de acceso ao interior. A fachada sur é a máis vistosa, pois nela aparte do arco oxival podemos ollar na parte superior un antigo balcón de sinxela varanda de ferro e sostido por catro canzorros. A fachada principal da casa foi sempre a oeste onde se abre a porta de entrada franqueada por dúas enormes chimeneas.
Posúe dous escudos debaixo do Arco: o primeiro está no lintel da porta e conta cunha inscrición gótico-alemana, da época da igrexa, un cáliz e unha hostia (posiblemente sexa o escudo de Galicia). No segundo aparecen as armas dos Moscoso, a cabeza do lobo, e os roeis dos Castro, as mesmas que aparecen nos escudos primitivos do Castelo de Vimianzo.
A casa foi construida no século XV por Dona Urraca de Moscoso, Condesa de Altamira e o seu segundo marido Don Pedro de Osorio. A crise sufrida polos Altamira no século XIX, obrígalles a vender o castelo de Vimianzo e esta fermosa casa a Don Ramón Martelo Núñez; o fillo deste Don Evaristo Martelo Pauman del Nero, Marqués de Almeiras vende o inmoble á familia Doménech, que despois de tres xeracións pasou a propiedade a Don Ernesto Pons e finalmente a Don Calixto Añón Vázquez, o seu actual propietario que o ten como hotel restaurante.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.219755
Lonxitude: -9.005163
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84