Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Oímbra
Parroquia: Oímbra (Santa María)
Lugar: O Rosal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela do século XVI que orixinariamente era dunha nave rectangular con cuberta de tella cerámica a dúas augas.
Hoxe ten adherido, despois dunha reforma feita para arranxar os desperfectos dun incendio intencionado, un presbiterio que ten catro augas.
Todo sobre muros de sillería regular e moi ben labrados, aínda que hai moita diferencia da pedra vella a nova que puxeron na recente obra. A fachada ten unha porta con arco de medio punto, moldurada, debaixo dun gran óculo case tan ancho como a porta. Remata cunha espadana dun só van con frontón triangular e unha cruz de ferro no alto, flanqueada por dous estilizados pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9026024416
Lonxitude: -7.46561765671
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84