
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mazaricos / Xallas (comarca)
Parroquia: Coiro (Santa María)
Lugar: Vilar de Coiro
Outra denominación do ben: O Cornón de Beba, A Costa
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está situado no cume dun outeiro, na marxe esquerda do río de Beba, a uns 385 metros de altitude. Polas bandas oeste e sur, o asentamento está defendido polas pendentes que fai o pequeno val dun regueiro que baixa pola zona do noroeste. Cara o norte, a zona máis exposta e sen condición naturais de defensa, o recinto parece amosar dous parapetos en paralelo, ademais da muralla de pedra na parte superior que cingue a croa por ese lado. A forma desta é poligonal, de murallas de trazado de liñas bastante rectas para o que soemos atopar neste tipo de asentamento, os cales tenden a rodearse con defensas circulares para aproveitar a topografía do terreo en que se atopan. A lonxitude da croa, entre os extremos norte e sur e duns 230 metros e a anchura máxima da croa de leste a oeste é de 130 m,. na zona central. A partires de aí, e cara ao sur, esta remata nun vértice apuntado, determinado polos parapetos defensivos. Na segunda imaxe, plano de pendente e ortofoto do ano 1956. O castro está inzado de toxos en toda a superficie o que dificulta distinguir as súas estruturas e trazado. Dentro do castro, enriba dun afloramento rochoso podemos ver un cruceiro dende onde se pode divisar toda a contorna.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MAZARICOS/documents/0213CA003.PDF
(Pax 14 do pdf) Vén na parroquia de Beba
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.907389954482Lonxitude: -9.014593362813
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Elixio Vieites says:
Out 8, 2021
Un artigo sobre o Rodo do Castro ou Cornón de Beba de Mazaricos
https://historiadegalicia.gal/2021/09/o-cornon-de-beba-a-fortificacion-cun-cruceiro-erguido-na-croa-que-domina-as-terras-de-xallas/