
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Caberta (San Fins)
Lugar: Mintiráns
Outra denominación do ben: Castro de Mintiráns
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está situado no pequeno val que configura o río Castro ao seu paso dende o Vao dos Mouros aos lugares de Caberta, Mintiráns e Sinagoga. Está ao oeste das terras agrícolas e moi cerca da estrada que comunica as parroquias da Pereiriña en Cee con Moraime en Muxía. Componse de dous recintos defendidos por parapetos de terra, sendo o máis exterior de forma ovalada cunha medida no eixo maior, de norte a sur, duns 170 metros e o menor, de leste a oeste, de 132 m. Pola banda oeste, que dá a estrada, ten a defensa moi esmorecida, e a uns 30 metros desta amosa un foxo, duns tres metros de fondo e sete de ancho, que cingue á croa dende ese lado, sendo menos profundo no resto, aínda que poida que estea recheo de terra e vexetación. O recinto da croa ten forma circular e un diámetro duns 45 metros e deféndese cun parapeto de terra que lle fai de defensa. Pola banda leste, por onde parece ter a entrada, os dous parapetos xúntanse e a caída natural do terreo axuda a crear unha zona de máis difícil acceso. Pola súa situación e estrutura non se descartaría que fora reocupado en época medieval para compor unha pequena fortaleza, de onde víría o nome “A Cerca”. Podemos citar un asentamento de moi parecidas características en Serramo (Vimianzo,) no lugar denominado a Agra das Torres, que está tamén a carón dunha vía de comunicación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax 18 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0166267717Lonxitude: -9.1833794117
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




