Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Carnota
Outra denominación do ben: Hórreo de Carnota ou Cabazo de Carnota
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este símbolo de Carnota foi construído no século XVIII, entre os anos 1768 e 1783. Neste último ano rematouse a súa construción añadíndolle 11 pares de pés máis, posibelmente para rivalizar co de Lira que nesas datas xa estaba en construción (1779-1814) e, moi posiblemente, polo mesmo autor. Esta obra barroca de tipo Noia, foi obra do arquitecto Gregorio Quintela. O longo total da cabaceira é de 34,74 metros, cun ancho de 1,90 metros. Consta de 22 pares de pés e comunícase co exterior por tres portas. O seu teito é a dúas augas. Outra característica que o representa é a súa boa conservación e a súa composición, formado totalmente por pedra en sillería. Nas súas esquinas elévanse dous pináculos con bolardos e unha cruz.
Esta cabaceira, cabazos ou hórreos, forma parte dun conxunto arquitectónico e histórico de gran beleza e importancia, pois áchase xunto a unha casa pacega, un pombal e a Igrexa de Santa Comba. Ademais está emprazado nunha comarca de beleza incomparábel.

Hai que dicir que esta monumental cabaceira, moitas veces coñecida coma a máis grande da Galiza, sitúase na terceira praza no “ranking” dos máis grandes. Realmente a cabaceira máis longa é a que se sitúa na parroquia de Araño (37 metros), no concello de Rianxo, seguida pola de Lira (36,53 metros), veciña da de Carnota. Porén, a cabaceira de Araño mantén unha tipoloxía diferente a estas dúas, pois a característica máis representativa é que non posúe pés. A cabaceira de Carnota foi declarada, pola súa simboloxía, conservación e arquitectura, Monumento Nacional.

As cabaceiras foron utilizados dende fai séculos para preservalas colleitas, sobre todo de millo e patacas. A súa separación do chan fai posíbel a súa conservación sen humidades, mentres que a súa boa aireación e oscuridade fai cos alimentos duren moito máis tempo. Ademais, a separación dos pés do corpo, está formada por tornaratos na que a súa función é manter as colleitas fora do alcance dos ratos e outros roedores. As grandes cabaceiras estaban moitas veces perto dalgunha igrexa as casas rectorais, pois soían pertencer a estas, debido a que o clero quedábase co 10 % das colleitas, o famoso imposto coñecido como o diezmo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf e o plano de ordenación correspondente ao ámbito das N.S.P. (1996) vixentes:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.822700923851926
Lonxitude: -9.091014862060546
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84