Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Altamira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construción do ano 1730 feita polos irmáns D. Bartolomeu Fortes Ucha e D. Felix Fortes Ucha, crego de Cela e Zamáns, naturais da parroquia.
Realizada en pedra granítica, a ermida posúe planta de tipo rectangular. Na súa fachada barroca destaca a súa porta alintelada con molduras na que destacan dúas figuras labradas que representan espigas. Sobre ela un frontón curvo e unha fornela coa cuncha do peregrino. Máis arriba a espadana dunha soa ventá con remates en pináculos.
No interior destaca a súa bóveda feita en pedra.
Existe unha referencia documental desta capela do ano 1754.

           


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Os devotos deste Santo acuden, levando consigo coellos e galiñas, que permanecen en gaiolas arrimados ás paredes da ermida ata que pola tarde son subastadas mediante un sistema de poxa.

Tamén se realiza unha popular romaxe na que se celebra o rito de levar aos mais cativos da casa para darlle co Santo na cachola, xa que dín que lles saca o medo do corpo. Celébrase o 24 de agosto


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA003.PDF (Páxina 2)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5567&ctre=31
http://taboexa.net/capelas.php 
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/asneves/bartolome.html

OUTRAS REFERENCIAS
Centro de interpretación do patrimonio local socio cultural de Taboexa


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1241313811
Lonxitude: -8.42845290899
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84