Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Oleiros
Parroquia: Perillo (Santa Leocadia)
Lugar: Santa Cristina-Perillo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O torreón dos Bescansa é un edificio que data do século XVII, de 6,70 x 5,70, nacendo como polvorín para fornecer o castelo de Santa cruz incluído no sistema defensivo da baía coruñesa xunto cos fortes de San Antón e San Diego. Tras perde-la súa función no século XIX, un veciño de Palma de Mallorca mercou a finca, vendéndolla a un comerciante coruñés chamado Francisco Tárrago no ano 1853. A propiedade tiña uns 6.000 metros cadrados e incluía vivenda, adega, embarcadoiro e torreón. No ano 1907, tena en herdanza, Carmen Tárrago, muller do farmacéutico Luís Bescansa, (de aí a súa denominación futura).
No ano 1993, o concello asina un convenio urbanístico cos titulares dos terreos e intégranse no paseo marítimo. A vivenda derrúbase conservándose parte dos antigos xardíns con árbores centenarias e dous olivos de finais do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=0991e96d-b2f2-40c1-be67-719e135a68d5&groupId=12702


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3349113291
Lonxitude: -8.38109612474
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84