Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carnota
Parroquia: Lira (Santa María)
Lugar: Lira
Outra denominación do ben: Hórreo de Lira ou Cabazo de Lira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A cabaceira de Lira foi construída entre os anos 1779 e 1814. Mide 36,53 metros de longo por 1,60 metros de ancho. Adscríbese ao denominado tipo Noia, que se caracteriza polo uso case exclusivo do granito na súa construción. Pertenceu posibelmente á igrexa. Aparece sobreelevado sobre unha pequena plataforma pétrea co obxectivo de salvar o desnivel do terreo no que se asenta. En principio contaba con once pares de pés que foron ampliados a 22. Pénsase que foi obra de Gregorio Quintela. Declarado BIC e Monumento por disposición do Decreto 449/1973 do 22 febreiro e publicado no BOE 62 do 13-03-1973
Ó seu carón hai un pombal de planta cilíndrica e cuberta cónica cuberto de tella do país. É feito con cachotería e primitivamente estaba caleado en cor branca.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf e o plano de ordenación correspondente ao ámbito das N.S.P. (1996) vixentes:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.79899047848029
Lonxitude: -9.125969409942627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84