Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Castrelo (San Martiño)
Lugar: Castrelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En 1714 a Igrexa de San Martiño de Castrelo de Vimianzo foi trasladada desde os pés do Castro do Sino ata a súa localización actual. Por iso, ao vello castro aínda lle queda o topónimo de Igrexa Vella, xa que no alto da súa croa estaba o campanario para poder resoar nos montes da parroquia.
Como a igrexa quedaba moi afastada das vilas decidiuse movela a un lugar máis “céntrico”. Da antiga igrexa queda a imaxe de Martiño de Tours, encaixonada no corpo central da fachada principal. A torre-campanario con cúpula de estilo barroco, que data de 1852, coroa o centro da fachada e sobresae do resto, formando un bloque rectangular que atravesa a cara principal e remata nun pequeno pórtico con dúas columnas pechadas con arcos de medio punto. O resto do exterior é bastante sobrio.
Así o conta Xosé María Lema na obra “Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte”:
“Un documento antigo certifícanos que a igrexa de San Martiño de Castrelo foi trasladada en 1714 do lugar do Sino -cerca de Lavandeira, xunto ó río que pasa ó pé do castro do mesmo nome- ó sitio actual, onde había unha ermida dedicada a santo André; en realidade o traslado consistiu en erguela de nova planta, entre 1715 e 1738.”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan que a pía bautismal da vella igrexa do castro do Sino aínda está tirada no río. O que si é certo é que alí aínda quedan restos da antiga igrexa de San Martiño.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.064459273658606
Lonxitude: -9.047321677207947
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84