
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular con presbiterio semicircular con cuberta de tella cerámica a dúas augas sobre muros de sillería regular. Boa parte dos sillares da fachada e a parede norte son restos dunha igrexa medieval anterior á actual, de 1526. A fachada ten unha porta ancha con arco de medio punto e bordes moldurados, apacompañada dunha fiestra pequena con arco conopial, sendo o resto de muro cego. Á esqueda da fachada ten unha torre de sección cadrada en tres corpos e con fiestras en todos os lados, onde está o campanario, e rematada nunha semicúpula de tella rematada nunha cruz de ferro. Ten outra torre, inacabada e feita na reforma de García Barbón no século XIX para acoller o reloxo; ten unha tríada de arcos apuntados con xambas prolongadas a modo de acanaladuras, e sobre este elemento un cubo destacado por unha imposta sustentada por canzorros. A porta de acceso principal, na parede sur, é de estilo neoclásico, enmarcada por dúas pilastras acanaladas, con capitel xónico e frontón triangular coroado por pináculos que acolle unha furna no seu tímpano. No friso pon o clásico, ESTA YGLESIA ES REFUGIO SAGRADO.
No seu altar exhibe o Cristo das Batallas, orixinal de Monterrei, obra (posiblemente) de Gregorio Fernández ou Martínez Montañés.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9414050501Lonxitude: -7.43914425373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Feb 10, 2015
Coma información complementaria engado o enlace á ficha (código A-138) no catálogo do planeamento vixente (PXOM 2012) no concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca003.PDF
Oscar Franco says:
Mai 25, 2018
Novos achádegos de época romana nos traballos arqueolóxicos dentro do plan de reforma integral do espazo perimetral desta igrexa:
http://www.laregion.es/articulo/monterrei/afloran-restos-romanos-atrio-parroquia-verin/20180523095710795229.html