Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Solleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa dunha nave e cuberta a dúas aguas. De estilo neoclásico, aprécianse algúns elemento románicos, reaproveitados probablemente doutra obra anterior. Foi arranxada na década dos sesenta do pasado século. A fachada é sinxela, rematada nun frontón con pináculos, e ten unha porta rectangular alintelada cunha pequena ventana para dar luz ao interior. No interior ten tres arcos de medio punto sobre piares cadrados acaroados que sosteñen unha bóveda de canón, máis estreita no altar maior. Posúe catro tallas de madeira: a virxe das Dores, con manto de veludo; o Perpetuo Socorro; a Purísima Concepción e Santo Antón; presididas todas por Santa Mariña nunha ábsida chan sen retablo. Forma un fermoso conxunto co cemiterio e o campanario illado da igrexa, ao lado do que fora o camiño real, e a uns setenta metros de distancia da mesma. A igrexa honra, pois, a Santa Mariña, filla dun sacerdote pagán, que poida que nacera en Xinzo de Limia. Foi mártir, degolada por non casar co prefecto romano Olivio, e denunciada por cristiá.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé Abeijón Núñez. F. A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro.
Cadernos Cruceiro do Rego. Ed Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano 2004.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.PDF
(pax 3 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7938103568
Lonxitude: -8.99105429649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84