Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Verín
Outra denominación do ben: Igrexa e Convento dos Padres Mercedarios
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
En 1557 trasladouse esta comunidade de mercedarios dende o castelo de Monterrei, fundada alí en 1486. Entre outros, aquí estivo Garcilaso de la Vega varios anos. No seu interior ten un claustro barroco do século XVIII pequeno e moi interesante. Un segundo claustro, máis moderno, é un campo deportivo para a escola que alí se asenta, antiguamente concello, e aínda antes cárcere. A igrexa ten bastante altura e ten unha cuberta a dúas augas, catro no presbiterio, feito con crucería no interior, todo sobre muros de boa sillería, moita reaproveitada da vella construcción do castelo. A fachada ten unha grande porta de arco de medio punto, enmarcada por dúas pilastras estriadas e adornadas por labras da orde da Mercé. Máis arriba ábrese unha gran fiestra alintelada e remata a fachada unha pequena espadana cun gran pináculo. Na parte dereita ten unha torre de estilo obradoiro, de tres corpos; o primeiro case cego salvo unha tronera, o segundo con catro ocos para o campanario e un balcón abalaustrado sobre pequenos canzorros, e o terceiro, redondo e rematado nunha falsa cúpula e unha cruz de ferro con veleta.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9411297252Lonxitude: -7.43640840054
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Feb 10, 2015
Coma información complementaria engado o enlace á ficha (código A-002) no catálogo do planeamento vixente (PXOM 2012) no concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca002.PDF