
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oímbra
Parroquia: As Chás (Santa María das Neves)
Lugar: As Chás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de base cadrada e escalonada con dous chanzos soterrados polo asfalto, cunha peana cúbica con altorrelevos moi interesantes, como o candelabro de sete brazos xudeu. O fuste é cilíndrico e remata nun capitel cadrado impostado e unha cruz latina de sección cadrada achafranada e aflorenzada nos brazos, cunha figura do crucificado moi estilizada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9011770548Lonxitude: -7.50438630581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 12, 2025
A prensa dixital do 10 de maio de 2025 recolle a triste nova dun accidente de tráfico que esnaquiza este cruceiro:
https://www.laregion.es/oimbra/vehiculo-destroza-cruceiro-as-chas_1_20250510-3520453.html
Engado tamén a seguinte referencia bibliográfica do mesmo autor desta ficha:
RÚA MARTÍNEZ, Bruno (2022). Cruceiros e Petos. Colección Taboada Chivite de patrimonio.
E a seguinte referencia web:
https://www.laregion.es/oimbra/vehiculo-destroza-cruceiro-as-chas_1_20250510-3520453.html
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html