Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Monterrei
Parroquia: Flariz (San Pedro)
Lugar: Flariz
Outra denominación do ben: Eirexa Vella
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Outeiro destacado na chaira de Flariz-Sandín, onde a primeira das aldeas medrou xusto aos seus pés. Ao ser unha terra moi traballada, poucos restos evidentes hai en superficie, pero aínda así distínguese ben un foxo que hoxe ocupa un pequeno camiño que queda ao sur do xacemento (segunda foto). Vese bastante tégula solta e algunha outra cerámica de aspecto tosco. Aproximadamente mide uns 165 metros por 109 de ancho. Hai unha pía moi grande, que busca a redondez, no máis alto do outeiro. Está solta e non feita nun penedo. En todo caso si que a xente da aldea é consciente de ter aproveitado toda a vida o material de construción do outeiro á aldea.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen usoForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O outro nome do outeiro tamén é significativo, pois é Eirexa Vella, e non sería difícil pensar, como ocorre noutras aldeas, que a igrexa santificase un lugar pagano. Tamén se conta a lenda da invasión de formigas que obriga á xente a trasladar a aldea ao lugar onde está hoxe.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace Web
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERREI/documents/27884ca011.PDF
pax. 14 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9264679514
Lonxitude: -7.56223082542
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84