
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Monterrei
Parroquia: A Madanela, (Santa María)
Lugar: A Madanela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Outeiro ao outro lado do regato da Madanela, moi empinado por ese lado e moito menos, conectado co outeiro do Facho, polo sur, que é onde aínda se ven claros signos de terrapléns e foxos de defensa do lado máis débil, creando dous muros paralelos a quince metros un do outro. A cantidade de achádegos fortuítos é excepcional, e case todas as casas teñen algo que ensinar dese castro. Incluso hai dúas pezas de pedra caliza, inexistente nestes lugares, e moitos restos romanos, o que nos permitiría dicir que foi un castro intensamente romanizado. No máis alto, a carón do borde do xacemento hai unha lagareta moi ben traballada.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Aos pes do Forte está a fermosa Fonte dos Mouros, e conta a lenda que a filla do rei mouro peiteábase con peite de ouro a certas horas do día. Ninguén me aclarou se beneficiou ese ouro a alguén ou se trouxo algunha desgracia, como soe ocorrir. O que si contan é que por máis que corrían os mozos para tocala, nunca era posible.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Agora xa non, pero cando se fixo a estrada entre A Madanela e San Cristovo, abriuse unha gran gavia ao pé do outeiro, onde apareceu un trisquel, que está nunha casa, e outras cousas que non me quixeron aclarar.
Onde está localizado
Latitude: 41.9150003674Lonxitude: -7.58728802204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 4, 2015
O Forte, no catálogo arqueolóxico do Concello de Monterrei do ano 2014 http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERREI/documents/27884ca011.PDF (pax. 16 do pdf)