Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Monterrei
Parroquia: Medeiros ( Santa María)
Lugar: Medeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Outeiro dominante en moitos kilómetros á redonda, visualmente chega a verse dende Lucenza e A Xironda, co que se pode dicir que domina toda a cunca hidrográfica do río Búbal e as beiras do Larouco. É un lugar curioso en tanto que en todo o outeiro non nace máis que herba, a pesares dos intentos de axardinalo. Aparecen continuamente restos de tixolo e tégula, e tamén outros tipos de cerámica que son máis finos, a moeda da foto, aínda non identificada, moita pedra traballada e reutilizada en todas as casas vellas da aldea.Tamén apareceron en dous lugares diferentes varias tumbas de tipoloxía romana, cun cadaleito de lousas e tella encima: catro no oeste e dúas máis a 200 metros no noroeste. En toda a vertente oeste, ademais, vese apenas un par de terrapléns moi amortecidos, paralelos de máis de cen metros de longo, sen chegar a doblar. A medición do xacemento revélao como o máis extenso e grande de toda a cunca hidrográfica do Támega.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen usoEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A lenda base do outeiro está clara, a antigua aldea estaba alí arriba pero unha invasión de formigas obrigou a moverse a xente cara abaixo. Tamén contribuiu a iso o feito de que os raios caen continuamente no alto do outeiro, onde hoxe está o depósito de auga


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9047524397
Lonxitude: -7.5461268425
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84