Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Monterrei
Parroquia: Medeiros (Santa María)
Lugar: Medeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Outeiro entre dous ríos, o Búbal e o Azureira, que se unen xusto no cabo do outeiro, proporcionando unha defensa natural moi efectiva. O asentamento é moi grande e conserva razoablemente ben os seus muros defensivos, vendo nalgúns lados ata catro metros de altura do citado muro, ao que se lle pode seguir o rastro en todo o perímetro. O oeste é o lugar da entrada, o único lugar que non hai río. A entrada está cuberta por dous torreóns redondos, un máis alto que outro, e o camiño de entrada ten forma de serpe. Segúndo se entra o primeiro que se ve é un grande monolito de 2,5 m. de altura por 1,5 ancho e 1,5 de fondo, do que parten os restos dunha parede bastante potente. No fondo leste do castro aínda se conserva unha construción enorme, duns quince metros de diámetro, aproveitando o remate do muro do recinto. Na parte do outeiro que queda ata a caída cara os ríos, xa non hai muro, pero hai terraplén moi notable, tan grande ou máis que o propio castro e dentro unha gran esplanada. Vese moita cerámica en superficie, moita dela decorada. Hai anos apareceu na ladeira un machadiño de pedra pulimentada feito con diorita, unha pedra que non a hai na comarca, nin sequera cerca.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta o meu avó que a súa bisavóa andaba unha vez preto deste castro, levando a pacer a facenda, cando unha moura que estaba sentada nun penedo (onde hoxe hai coviñas e cruces) peiteándose, e pediulle un grolo de auga. A señora, servidora, achegoulle unha cunca con auga e a moura, agradecida, púxolle a man dentro da faltriqueira do mandil, avisándoa de que non podía mirar o que lle daba ata que chegase a casa. Pero a señora, volvendo ca facenda, non resistiu a tentación de mirar o que lle regalara a moura, meteu a man no mandil e só sacou carbón. Enfadada, guindouno ao chan, pensando que a moura a enganara. Ao chegar a casa, contoulle ao marido o acontecido, metendo de novo a man no mandil para sacar unhas faragullas que aínda lle quedaban alí. Pero ao sacar a man, esas faragullas eran de ouro puro… E aínda que deron volta a ver onde tirara o resto nunca o atoparon, arrepentíndose de non ter paciencia.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8791553787
Lonxitude: -7.55381941795
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84