
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Verín
Parroquia: Feces de Cima (Santa María)
Lugar: Feces de Cima
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O nome deste castro venlle dado pola proximidade do Castro Grande, ao outro lado do pequeno val que baixa dende este outeiro cara o leste. Atópase tégula e outros fragmentos de cerámica, e os restos dun muro groso circundan todo o alto, incluso cunha especie de muro doble con foxo na parte alta, ao norte. Pola cercanía ás vellas minas de estaño, é posible que fose dunha fundación máis tardía, e incluso da época romana.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32085009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a lenda que indo un individuo ao pé do castriño, subindo cara Moimenta, viu dous homes que baixaban do mesmo, cabalgando en dous cabalos grandes, e que traían unha becerra e unha chiva. E cando se cruzaron no camiño, os homes preguntáronlle por unha ruta boa para os animais. O home, aínda que primeiro calou, ensinoulle o camiño bo, e entón ofrecéronlle que escollera entre a chiva ou a becerra. Escolleu a becerra, pero dixéronlle que non a tocase ata chegar á casa. Cando chegou, tocouna e esborrallouse a becerra en pó de prata.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 8 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8698823996Lonxitude: -7.37058967352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 19, 2015
Acceso a web coa información que contén a ficha do catálogo arqueolóxico do Concello de Verín 2012 do Castro Pequeno
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 8 do pdf