
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Verín
Parroquia: Tamaguelos (Santa María)
Lugar: Tamaguelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Os restos das fortificacións deste castro son evidentes e canónicas, con forma de nave. Estivo estensamente cultivado de pino dos derradeiros 60 anos e aínda ten encima de calquera resto visible unha capa moi grosa de frouma. A parte máis fortificada é a entrada dende o leste, a menos empinada. Vense claramente ata tres antecastros e dous foxos. O terreo é xistoso, así que os restos confúndense co propio terreo, e calquera material susceptible de ser reutilizado hai tempo que se levou, pola alta densidade de poboación desa parte do val do Támega. Ten ademáis indicios de dous torreóns na entrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32085011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O folclore desta zona concéntrase no penedo da Moura, destruído pola autovía a Portugal, pois era o lugar onde os mouros da Cruz gardaban os seus tesouros.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 10
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8579591628Lonxitude: -7.43023395538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 19, 2015
Acceso a ficha do Outeiro da Cruz no Catálogo de Bens Arqueolóxicos do Concello de Verín do ano 2012
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 10 do pdf