
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Verín
Parroquia: Cabreiroá ( San Salvador)
Lugar: Cabreiroá
Outra denominación do ben: Castro das Quintas
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:
Castro case inaccesible dadas as súas excelentes defensas naturais, salvo por un lado moi estreito, o do sur. No nordés hai un precipicio duns cen metros verticais. O castro está nunha zona mineira importante, aínda hoxe aparecen multitude de pedras con vermes de estaño. O lugar é privilexiado en todos os aspectos, e ao redor, sen que teña que ver directamente con restos máis evidentes, hai multitude de petróglifos, e incluso un menhir con coviñas moi ben marcadas. Na ladeira occidental, trinta metros máis abaixo hai unha plataforma da montaña onde aparecen moitos máis restos cerámicos que arriba, e tamén restos de dúas vivendas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32085022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A lenda conta que un rei mouro que vivía no castro tiña unha filla. Perdido polo monte un cristián, atopou á fermosa moura. “Paisano- dille- non sabes o perigo que corres, o meu pai vaite matar”. Efectivamente, prendeu o rei ao cristián e deulle a escoller entre dúas espadas: unha floreada e outra oxidada. O mozo elixiu a última. A filla do mouro quixo protexer ao mozo, e cando aquel lle mandou deitarse despois de terlle dado viño, a moura obrigouno a fuxir con ela nun cabalo do vento. Pola noite o rei foi á cama crendo que o cristián xacía coa súa filla e apuñalou un coiro de viño e outro de mel que colocaran alí. O pai burlado saiu na súa persecución e todos os labregos de quen sacaba noticias dos fuxitivos contestaban coas mesmas respostas: “colla vostede das que queira”, e como non tiña moito sentido, o rei nunca puido atopar aos namorados.
No ano 1936, unha chea de veciños de Cabreiroá, aloucados co Ciprianillo, foron e escavaron a plataforma citada, e seica toparon con dous xarras de cerámica que romperon pensando que alí estarían os tesouros prometidos. Evidentemente, non atoparon nada.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 19 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9181259174Lonxitude: -7.40541815758
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 19, 2015
Acceso a información da ficha do Castro da Baixada de San Xosé
(Castro das Quintas) no catálogo de Bens Arqueolóxicos
do Concello de Verín ano 2012
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 19 do pdf