
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Vila romana,
Concello: Verín
Parroquia: Mandín (Santa María)
Lugar: Mandín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Aínda que non está citado actualmente como un castro, Taboada Chivite fai referencia a el, posto que cando o viu, aínda quedaban dúas ou tres construcións redondas dentro do recinto. É un outeiro grande e alongado, orientado de leste a oeste, na chaira de Mandín. En superficie vese unha cantidade importante de tégula e tamén cerámica máis fina, e tamén se ven moi claros os terrapléns das defensas, sobre todo polo lado norte e noroeste. Tamén ten asociado folclore de mouros, aínda que finalmente non fose un castro, os vellos do lugar chámanlle “castro de mouros”.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dise que neste castro saían as mouras a debullar o millo, e que cando descansaban pasaban o tempo peiteándose. Pero unha vez, un porco da aldea de Mandín, meteu o fociño na aira onde puñan o millo, e entón unha moura, para afastalo, guindoulle un peite, que se lle enguruñou na pelaxe do porco. Fuxiu o cocho cara o cortello e cando chegou, os donos viron que o que levaba era un peite de ouro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8455961203Lonxitude: -7.40923762321
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




