Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Vila romana,
Concello: Verín
Parroquia: Mandín (Santa María)
Lugar: Mandín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:

Está catalogado como asentamento romano, pero suscita dúbidas, e tamén é dubidosa a catalogación como castro. Podería ser altomedieval, incluso.Está nun outeiro que sobresae da serra cara o sur. Hai restos dun muro cadrado que rodea o outeiro, e na parte máis desprotexida hai un terraplén, hoxe confundido coas obras forestais da pista que pasa por riba. Vese a cimentación de dúas construcións redondas e incluso tamén se ve cerámica na ladeira sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32085007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

E para completar os argumentos a favor da existencia dun castriño ou un xacemento antigo neste outeiro, tamén ten folclore asociado. Dicíase que unha vez unha moura estaba contando ouro nun penediño do castro, que ten petróglifos, cando pasou por alí un home de Lamadarcos que quedou abraiado de tanto ouro. Atreveuse a dicirlle á moura “Ai, e se me deras un pouco”, e a moura respondeulle, “Quérelo a puñados, ou quérelo a ferrados?”. E o home non o pensou, “quéroo a ferrados”. “Pois vai buscar a medida”, dixo a moura, e sen pensalo máis, o home botouse a correr a por ela; mais cando voltou, a moura e o ouro xa desapareceran. “se dixese a puñados, algún ouro sería meu, agora pola miña avaricia, non teño nada”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace web
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 6 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8537158797
Lonxitude: -7.40889430046
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84