Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Laza
Parroquia: Trez (Santiago)
Lugar: Trez
Outra denominación do ben: O Castrillón de Trez
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Outeiro destacado da subida da estrada de Laza a Cerdedelo que conserva moitas trazas do mundo castrexo, como o foxo do leste, asentado nunha fraga e escavado por partes aproveitando ese desnivel. A forma é alongada, e ten unha croa moi ben identificada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O túnel que aparece en todos os castros aquí comunicaba tanto coa aldea de As Eiras como co Castelo de Cerdedelo, pero neste caso seica era para facerse trastadas uns aos outros, como roubar gando ou secuestrar mouras. Pero o caso é que o túnel desapareceu porque as noites de treboada facía ruídos raros que asustaban á facenda, así que hai moito que o taparon.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331CA013.PDF
pax 17 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0742997963
Lonxitude: -7.41713404655
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84