Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Laza
Parroquia: Cerdedelo (Santa María)
Lugar: Cerdedelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Mantén este outeiro unha comunicación visual perfecta co Lombo da Cerca, de Trez. Aparece no oeste do xacemento, unha zona moi densa de restos cerámicos, e un foxo no mesmo lugar. Un veciño ensinoume ata tres muíños circulares atopados nas terrazas sucesivas que forma o castro de cara á aldea.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Díxome un vello da aldea que hai enterrada unha pedra negra no Castelo que parece de ferro fundido e parece ser que os mouros converteron a un paisano nesa pedra por entrar a roubar por debaixo da bóveda do castro, como castigo, pero tamén hai a versión do pastor de Camba que, falando desa mesma pedra, me dixo que era un demo que quedar condenado por roubar na igrexa de Portocamba.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0846319374
Lonxitude: -7.40139484406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84