Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterrei
Parroquia: Albarellos (Santiago)
Lugar: Albarellos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave con cuberta de tella cerámica a dúas augas, e tres no presbiterio, todo sobre muros de sillería regular. A fachada é sinxela, sen espadana, con porta alintelada e unha fiestra cadrada enriba dela. Vese claramente na fachada o cambio de pedra na rehabilitación do século XVIII sobre unha igrexa románica anterior. No muro sur aínda se conservan tres canzorros que serían, probablemente, os soportes dun cabido lateral, habitual no románico. Na metade desa parede aparece o campanario acaroado á igrexa, de planta cadrada e tres corpos. O primeiro é cego, pero vese tamén como é o máis arcaico, cunha porta semellante á porta da torre románica de Vilaza. O segundo corpo da torre é máis moderno, con catro ocos de arco de medio punto, igual que o terceiro corpo, un pouco máis estreito e onde tamén está o reloxo. A torre está rematada nun cupulín de cemento armado, que está provocando gretas en toda a torre. Por detrás desta vese a metade dunha labra heráldica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERREI/documents/27884ca008.PDF
(pax. 25 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9487166876
Lonxitude: -7.49714165926
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84