
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Castrelo do Val (Santa María)
Lugar: Castrelo do Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O outeiro onde se sitúa este castro está a 450 metros de altitude, e nunha especie de esporón que forma a montaña ao meterse no val. O recinto superior que ten uns 100 metros de diámetro está rodeado dunha muralla, e o recinto exterior conta cun foxo escavado na rocha de pizarra, agás polo lado da montaña. Este ten 4,80 metros de largo e 7 de altura, con fondo horizontal, ao que se accede por unha rampla de baixada. Non quedan moitos restos en superficie, que ben pode ser pola reaproveitamento desta zona moi poboada do val. No oeste ten ademais outro terraplén facendo de antecastro e aproveitando unha terraza do outeiro. Vense os cimentos dun par de vivendas cadradas, moitos muíños circulares, unha ariña romana anepígrafa, e incluso o que podería ser unha cabeza de guerreiro.
En 1961, Taboada Chivite e Xaquín Lourenzo fixeron unhas catas onde descubriron dúas cabezas de animal, un carneiro e un porco, co que chegaron á conclusión de que as influiencias da cultura dos Verracos, tan cercana relativamente, eran intensas nesta parte de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32021003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Din os vellos que dende o castro saía un túnel para levar a beber ao río os seus cabalos.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRELODOVAL/documents/26686CA016.PDF
(pax. 3 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9887472437Lonxitude: -7.43349552154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 10, 2015
Acceso á ficha do castro de Cabanca no catálogo do pxom de
Castrelo do Val do ano 2009
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRELODOVAL/documents/26686CA016.PDF
(pax. 3 do pdf)