
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Servoi (San Xoán)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben: A Cavada
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Asentamento situado a 850 metros de altitude e a 1 km. do pobo de Vilar. Aínda que está catalogado como xacemento romano non deixo de refrexar o que os propios veciños din, que este castro e o de Cabanca estaban conectados por un túnel. Segundo reflexa a ficha do pxom “non deu a luz ningún material” pero os viciños afirmam que aparecía tagula, pedras traballadas e cerámica. O monte é moi mesto e non deixa ver ben os restos en superficie, pero a ara da capela, uns cadaleitos de pedra e muiños circulares levan aparecido e hainos en moitas casas do lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32021008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Disque un día un pastor que andaba por estas montañas sentiu unha voz que o chamaba; deu a volta e viu que era unha moura moi fermosa, que lle dixo que lle sacara os piollos, que ela soa non podía. Pero o pastor, con medo, dixo que non, que tiña que ir gardar a facenda, e a moura díxolle: “non te preocupes, que a túa facenda ha de ir soa ao cortello, e co estómago cheo”. Así pois, o pastor comezou a buscarlle os piollos á moura. Como durante días se repetiu a escea, a mourra colleulle cariño ao pastor e díxolle “heiche pagar ben polo que fas. Toma este pano, que vai pechado, e non mires o que hai dentro ata chegar a casa”. Pero a curiosidade puido máis e abriu o pano antes de chegar, e non viu máis que carbón e o pastor maldixo á moura por enganalo. Ao outro día, a moura estaba no mesmo lugar canda apareceu o pastor e berroulle “se tiveses paciencia e non tiveses mirado antes de chegar a casa, todo o carbón sería ouro, pero como desobedeciches hasma pagar”. E entón meteuno nun caldeiro con alquitrán ardendo.
Tamén se conta que os habitantes da Cidadella tiveron que deixar a aldea por culpa dunha invasión de formigas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRELODOVAL/documents/26686CA016.PDF
(pax. 8 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.036480572Lonxitude: -7.38364934922
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 10, 2015
Acceso á páxina do pxom do Concello de Castrelo do Val, ano 2008,
coa ficha da Cidadella e outros Bens Arqueolóxicos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRELODOVAL/documents/26686CA016.PDF
(pax. 8 do pdf)