Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Baños de San Xusto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño situado na beira esquerda do río Lérez, a uns douscentos metros rio abaixo das fontes termais de San Xusto. No seu día tiña canle común cos veciños muíños do Medio, de Riba e Novo ainda que hoxe a canle está rota polos desprendementos na ladeira do monte.

A estrutura da muíño é de planta rectangular con muros de cantería de granito rematados en penales. Non conserva cuberta ainda que no seu día era de carpintería de madeira e tella artesana do país. Ten as paredes testeiras paralelas ao curso do río, estando a porta de entrada, a boca do inferno e un pequeno vano na parede costal orientada cara a desembocadura. Pola outra beira podemos atopar outro vano xusto enriba da entrada do canleiro.

O espazo interior esta divido en dous niveis adaptándose a forte pendente onde se sitúa. No nivel superior está o espazo de entrada e unha pequena lareira xusto en fronte da porta. No espazo inferior se sitúa o tremiñado.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RAMIRO BARROS, Justo. “Muíños de río das terras de Pontevedra” [Segunda edición] Deputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-0. Páx: 90.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5183758645
Lonxitude: -8.51458668709
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84