
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Xosé de Ribarteme (San Xosé)
Lugar: Sancharredonda
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa Marta de Ribarteme
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa feita a base de cadeirado granítico labrado e escuadrado, con planta rectangular dunha soa nave, e teitume a dúas augas agás no presbiterio que é a catro. Posúe remates en pináculos.
Antes do levantamento do templo actual xa existía unha capela adicada a Santa Marta.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso pilastrada, e unha ventá por riba dela.
O conxunto remata cun frontón triangular e unha torre campanario con arcos de medio punto.
Os muros laterais aparecen reforzados.
No interior destacan varias imaxes. A de Santa Marta, situada na cabeceira, está feita en madeira policromada e posúe unha coroa de prata dourada. Esta imaxe substitúe a antiga que ardeu nun incendio na igrexa.
Dito incendio sucedeu na noite do 24 ao 25 de xullo de 1939, queimando todo e deixando tan só as paredes calcinadas. Os veciños do lugar limparon os restos e catro días despois celebrouse a coñecida romaría.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA003.PDF (Páxinas 11 e 12)
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/asneves/sanxoxe.html
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/santa-marta-luce-altar-ribarteme/20110622192256127291.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1151327911Lonxitude: -8.39587211609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




