Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Borela (San Martiño)
Lugar: A Graña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro sen plataforma ou ben esta está soterrada e non é visible. Ten un baseamento cúbico coas arestas superiores rebaixadas e rectángulos en baixo releve adornando as súas faces. Non vimos inscrición algunha aínda que poderían permanecer ocultas polo musgo que o coloniza.
O varal é oitavado de arestas moi redondeadas polo que case é cilíndrico inda que no seu inicio é de sección cadrada. Na súa parte media amosa un serpe que se ergue de forma rectilínea dende a súa metade ata a cabeza. Ten pérdida de volume preto da cola. Na parte final do varal podemos ver, en baixorrelevo, unha escaleira no anverso e dous cravos, un na beira esquerda e outro na parte posterior.
O capitel é un sinxelo equino paralelepípedo sobre o que se ergue unha cruz lisa no reverso e de arestas rebaixadas, excepto no remate dos brazos, polo anverso.
Atópase a carón dun alboio no centro do lugar de A Graña


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4422881704
Lonxitude: -8.50360438228
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84