
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)
Lugar: A Senra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Ponte da Senra, que se atopa sobre o río Termes, é unha construción feita en cachotería granítica con un só arco. Conserva a súa calzada e un tramo empedrado duns 50 metros.
A ponte que hoxe vemos é unha reconstrución feita no século XVII de outro anterior. Esta infraestrutura forma parte do Sendeiro dos Frades, antigo camiño ata o santuario da Franqueira (A Cañiza) e que, segundo conta a tradición, no século XII foi un sendeiro utilizado pola raíña Isabel de Portugal.
Xunto á ponte podemos ver o peto de ánimas de A Senra e varios muíños, o que conforman un fermoso conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A lenda desta ponte conta que toda muller preñada, cando teña un embarazo complicado, para poder levalo adiante, terá que ir á ponte a deitarse debaixo dela ata que pase un home e unha muller, que posteriormente serán os padriños do neno; estes terán que baixar a votarlle auga sobre o abdome. A cada lado da ponte debe colocarse algún familiar para non permitir que ningún animal, xa fose paxaro, can ou gato, pase por enriba, si non a muller abortará…
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA007.PDF (Páxina 3)
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/asneves/pontepetosenra.html
http://turismogalicia.blogspot.com.es/2013/08/ponte-de-senra-concello-de-as-neves.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1067637317Lonxitude: -8.39063107967
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Tammara Bescansa says:
Feb 25, 2015
¡Hermoso!