
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Monte Salgueiral
Outra denominación do ben: Capela de San Domedio ou Capela de San Mamede
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela construída en pedra granítica labrada, dunha soa nave e con teitume a dúas augas.
Na fachada podemos ver a porta de acceso doelada con arco de medio punto. O conxunto remata nun frontal cun relevo, pináculos nos laterais e unha cruz en posición central.
A capela foi reconstruída na década dos años 20 do século pasado, cando o cura do lugar lle escribe aos empresarios da parroquia emigrados en Lisboa para pedirlles unha colecta para o seu arranxo.
A ermida está situada no monte de San Nomedio, cun cumio que acada os 690 m. de altura. Foi construída na honra da Virxe que se lle apareceu a un neno.
Existen documentos que fan referencia a esta capela en 1528.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
A tradición oral di que o monte de San Nomedio, ao que lle atribúen o poder de cesar as tormentas, é un dos sete montes que foron irmáns e que teñen como misión protexer ao Río Miño.
O día 5 de agosto as xentes da contorna soben a San Nomedio e a Virxe das Neves dende a igrexa de Taboexa ata a ermida, onde permanecerán ata o día da festa (o 7 de agosto). Ese día sae ao encontro das procesións de Rubiós e San Pedro, realizando unha reverencia na porta da ermida. A tardiña emprenden o camiño de volta á igrexa, e cando chegan á fonte de San Nomedio existe a tradición de lavarlle a cara ao santo para que chova en días posteriores.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA002.PDF (Páxina 7)
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/asneves/San%20Nomedio.html
http://taboexa.net/capelas.php
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/asneves/San%20Nomedio.html
http://www.comarcasnarede.com/colaboradores/memorias-da-terra/item/8626-o-monte-san-nomedio-ou-san-mamede-posible-mitico-medulio
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1353027359Lonxitude: -8.4129242599
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




