
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Laza
Parroquia: Castro de Laza (San Pedro)
Lugar: Carraxó
Outra denominación do ben: O Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Outeiro entre dous regatos e a carón da Canella dos Mouros, posiblemente a Vía do Támega que comunicaba Chaves con Baños de Molgas (Vía XVII coa XVIII). É un dos lugares máis inaccesibles de toda a comarca, pola densidade da vexetación e o gradiente do relevo. Conserva moi ben boa parte dos seus muros, destacando a croa ou coroa da parte alta. Tamén se lle ven restos de edificacións no interior.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32039015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Un señor de Alberguería contoume que había un arrieiro de Arruás que lles levaba viño e outras cousas aos mouros do castro, e que os mouros lle daban moito ouro. Como llas levaba de noite, a muller sempre estaba rosmando que para onde ía el co viño, e el ás veces dicíalle que a un sitio e outras veces a outro. Pero un día a muller púxose moi teimuda en que o home lle dixera a verdade e arrincoulle o segredo. Cando ao día seguinte lles levou de novo o viño, os mouros non saíron a recibilo, e nunca máis o fixeron, por ter falado de máis.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0816658494Lonxitude: -7.51648843288
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Mar 12, 2015
A Coroa no catálogo de Bens Arqueolóxicos
do Concello de laza http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331CA013.PDF
pax. 12 do pdf